Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóxica, tódolos días. Unha vez recollidos, publicáronos na web de meteogalicia.
miércoles, 26 de junio de 2019
lunes, 17 de junio de 2019
GALICIA, AUGA, LITERATURA E RAP
Dous grupos de
rapaces/zas decidiron participar no concurso “Galicia, auga,
literatura e rap”. Neste concurso é necesario realizar un rap moi
especial, pois ten que ser un poema relacionado coa auga e o coidado
do medio ambiente, ademais de pertencer a algún dos grandes autores
da literatura galega.
Os poemas elixidos
pertencen a Rosalía de Castro e son os seguintes: “Como chove
miudiño...” e “Vente rapasa...”
Cada grupo expresou
de diferente forma o seu propio punto de vista. Podedes ver o
resultado no seguinte enlace. Obtendo un deles o segundo premio na correspondente categoría.
martes, 11 de junio de 2019
RECOLLIDA DE NOTICIAS DO XORNAL
Durante o curso estivemos traballando co xornal na aula e descubrimos unha sección moi interesante sobre o tempo. Así, os nenos e nenas realizaron unha recollida con diferentes noticias sobre as que reflexionaron. Dentro deste grupo de noticias é necesario destacar algunas delas polo traballo que realizaron. En primer lugar e aproveitando que estabamos a traballar a Idade Moderna e o descubrimento de América, os rapaces descubriron que ruta seguiu Colón e sobre todo como fixo a súa viaxe de volta, comprendendo mellor que é un anticiclón e como son os ventos ao seu arredor.
Doutra bando estiveron a traballar cunha noticia relacionada co cambio climático e a utilización de combustibles fósiles, na que se mencionaba que fai anos xa se coñecían os efectos contaminantes, malia que non se fixo nada para minorizalos. A partir desta noticia xurdiron un montón de preguntas e inquedanzas que derivaron nun debate.
Doutra bando estiveron a traballar cunha noticia relacionada co cambio climático e a utilización de combustibles fósiles, na que se mencionaba que fai anos xa se coñecían os efectos contaminantes, malia que non se fixo nada para minorizalos. A partir desta noticia xurdiron un montón de preguntas e inquedanzas que derivaron nun debate.
Mesmo tamén descubriron que a capa de Ozono está de novo ameazada e que non todos os países están a cumplir o pactado, incrementando a contaminación e destruindo este escudo natural que nos protexe.
viernes, 7 de junio de 2019
EXCURSIÓN
Para complementar o traballo realizado anteriormente sobre a calidade
do aire e aproveitando unha saída a un entorno rural e natural, os
rapaces recolleron musgos e descubriron a súa relación coa calidade
do aire.
Velaquí as mostras
que recolleron.
miércoles, 5 de junio de 2019
martes, 4 de junio de 2019
RESULTADOS ENQUISA MEDIO AMBIENTE
Despois de realizar as enquisas a máis de cen sarrianos, puxémonos a traballar con tódolos datos acadados , e comparándoos cunha enquisa realizada polo Centro Eurepeo do Consumidor, telefonicamente, á poboación de distintas partes de España, podemos dicir que os sarrianos están a altura do resto de España, en canto a temas medioambientais, incluso, nalgúns casos, por riba deles.
Podedes ver os resultados no seguinte PDF.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...
-
Que hai de novo? Os rapaces e rapazas de 5º EP están entusiasmados con esta forma de achegarse á meteoroloxía. Cada día hai voluntarios p...