viernes, 23 de febrero de 2018

Refraneiro meteorolóxico

Os rapaces de 2º, 3º e 6º de primaria recopilaron refráns en lingua galega sobre o tempo. Estes ditos están relacionados co clima propio de Galiza, cos meses do ano e fundamentalmente coas tarefas que se desenvolven no campo, as tarefas agrícolas. Dese xeito decatáronse de aspectos tan importantes como a transmisión oral da tradición, cultura e mesmo a sabedoría dos nosos moiores. Cada un dos cursos fixo a súa propia actividade, todas elas diferentes. Os resultados foroan variados. Velaquí algúns exemplos.

Os nenos e nenas de 6º de primaria recopilaron refráns e agrupáronnos por meses, deste xeito puideron observar que cultivos se poden plantar en cada mes do ano, como será  a colleita segundo o tempo en cada mes ou cando rematará una estación e empezará outra. Aquí vos deixo algúns deses refráns populares.
"No ceo de San Xoán, ao sol cócese o pan"                    "En xullo arder e patacas coller"
"San Isidro labrador, quita a auga e trae o sol"               "A neve de decembro é de ferro"
"En agosto arder, en setembro beber"                             "A nadie débelle estrañar que en maio empece                                                                                                     a tronar"


Os nenos e nenas de 3º de primaria ademáis de recopilar refráns e ditos agrupáronnos segundo a que tempo se referían, sol e boas temperaturas ou neve, tormenta, chuvia e baixas temperaturas. Logo diso fixeron unha análise dalgún deles que resultou moi interesante, xa que opinaron sobre o seu significado dun xeito moi acertado. Velaquí os resultados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...