viernes, 23 de febrero de 2018

Refraneiro meteorolóxico

Os rapaces de 2º, 3º e 6º de primaria recopilaron refráns en lingua galega sobre o tempo. Estes ditos están relacionados co clima propio de Galiza, cos meses do ano e fundamentalmente coas tarefas que se desenvolven no campo, as tarefas agrícolas. Dese xeito decatáronse de aspectos tan importantes como a transmisión oral da tradición, cultura e mesmo a sabedoría dos nosos moiores. Cada un dos cursos fixo a súa propia actividade, todas elas diferentes. Os resultados foroan variados. Velaquí algúns exemplos.

Os nenos e nenas de 6º de primaria recopilaron refráns e agrupáronnos por meses, deste xeito puideron observar que cultivos se poden plantar en cada mes do ano, como será  a colleita segundo o tempo en cada mes ou cando rematará una estación e empezará outra. Aquí vos deixo algúns deses refráns populares.
"No ceo de San Xoán, ao sol cócese o pan"                    "En xullo arder e patacas coller"
"San Isidro labrador, quita a auga e trae o sol"               "A neve de decembro é de ferro"
"En agosto arder, en setembro beber"                             "A nadie débelle estrañar que en maio empece                                                                                                     a tronar"


Os nenos e nenas de 3º de primaria ademáis de recopilar refráns e ditos agrupáronnos segundo a que tempo se referían, sol e boas temperaturas ou neve, tormenta, chuvia e baixas temperaturas. Logo diso fixeron unha análise dalgún deles que resultou moi interesante, xa que opinaron sobre o seu significado dun xeito moi acertado. Velaquí os resultados.





lunes, 19 de febrero de 2018

Cambio climático

Os rapaces de 6º de primaria estiveron recollendo información para realizar un traballo sobre o cambio climático, causas, consecuencias. Investigaron en diferentes páxinas relacionadas coa meteoroloxía, donde puideron comprobar cómo era o clima en Galiza fai non tantos anos. Observaron ademáis como está cambiando tendo en conta os recordos que eles ou as súas familias teñen dos úmtimos anos. Recolleron información cada un deles para despois poñela en común e poder redactar o seu traballo. Traballaron en grupos de catro persoas e plasmaron os resultados en diferentes formatos. Comunicaron os resultados obtidos a todos os seus compañeiros/as e finalmente fixemos unha posta en común reflexionando sobre o que está a acontecer e como podemos contribuir a frenar as súas consecuencias.

Velaquí o resultado.




               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...