viernes, 29 de marzo de 2019

Meteodiccio

Os rapaces e rapazas de 5º de primaria estiveron a facer un diccionario meteorolóxico porque había moitos termos que non comprendían. Por parellas buscaron información en diferentes páxinas para logo dar unha definición o máis completa posible. O resultado foi espectacular!!!! Parabéns!!!!!

Borrasca               Calima

Anticiclón                      Tifón                           Vendaval




Cicloxénesis                         Isobaras                      Altas presións


jueves, 14 de marzo de 2019

Enquisa medioambiental









Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO percorreron as ruas de Sarria para realizar unha enquisa os sarrianos,e así coñecer o seu comportamento en distintos aspectos medioambientais.O seguinte será,estudiar tódolos datos obtidos e facer uns gráficos e comparalos con datos obtidos en outras localidades españolas.

miércoles, 13 de marzo de 2019

Vexo-Penso-Pregúntome

Os nenos e nenas de 5º EP levaron a cabo unha reflexión sobre o cambio climático. Aproveitamos unha noticia do periódico que falaba sobre este tema, para realizar unha rutina de pensamento e reflexionar sobre esta cuestión tan importante.
Logo da lectura do xornal e partir dunha imaxe, na que aparecían os países máis contaminantes, estiveron a Ver, logo a Pensar e por último a Preguntarse...

Vexo
Unha imaxe con fábricas que botan fume
Unhas fábricas en negro
Os países representados coas súas bandeiras sobre esas chemineas
Cifras que indican contaminación
Ránking






Penso
Quen contamina máis...
Estamos a destruir o planeta...
Por que non o evitamos
Por que eses países non reducen a súa contaminación...


Pregúntome

Que podemos facer nós?
Que fan os nosos gobernantes?
Que lugar ocupa España nese ránking?
Por que destruimos o noso planeta?
Como nos vai afectar o cambio climático?



Déixovos as súas refkexións...

lunes, 4 de marzo de 2019

Calendario Metereolóxico 2º EP




Os alumnos de 2º EP ao longo do segundo trimestre rexistraron os fenómenos metereolóxicos do día correspondente.
A actividade levouse a cabo na propia aula na cal, tras cambiar a data como unha das rutinas do día a día que se desenvolve na aula, os alumnos e alumnas, por quendas, poñían a ilustración  do fenómeno meteorolóxico correspendente ao día.
A través dela ademais de divertirse, traballaron  vocabulario relacionado co clima e fomentouse neles a responsabilidade pois eran moi coidadosos en non esquecelo nunca, pois os luns era o  día no que completaban o clima da fin de semana.
 A actividade tivo moi boa acollida por parte dos alumnos.








OS FENÓMENOS METEREOLÓXICOS




               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...