jueves, 23 de mayo de 2019

CONTO MEDIOAMBIENTAL

Lendo o xornal atopamos unha noticia relacionada con cambio climático e as súas causas. Entre elas atópase o consumo desmesurado dos plásticos. Despois de lela e comprendela moi ben estivemos falando da súa incidencia nos ecosistemas, decidindo transformala nun conto coa intención de concienciar aos rapaces máis pequenos. Así xurden os seguintes contos, basadas nesta interesante e realista noticia.
Velaquí os resultados.








miércoles, 15 de mayo de 2019

ANTÓN FRAGUAS

Polo día das letras galegas e pescudando cousas sobre o autor homenaxeado este ano, descubrimos un poema relacionado coa chuvia, así como un climograma asociado da cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito aproveitamos para traballar estes contidos despois de recitar este fermoso poema. Aquí vos deixo aos poetas de 5º de primaria, recitando e traballando!!!


viernes, 10 de mayo de 2019

Panel de Meteogalicia

Camiñando pola rúa Calvo Sotelo da vila, atopamos estes días unha interesante novidade, un panel informativo donde se amosan distintos parámetros relacionados co tempo atmosférico e que nos parece moi interesante citar neste blogue. Nos vindeiros días analizaremos a información que nos proporciona.

Anemómetros - GIFMANIA

martes, 7 de mayo de 2019

               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...