miércoles, 4 de abril de 2018

Sementando, sementando, se ven bo tempo todo irá medrando

Os rapaces de 2º e de 3º de primaria, sementaron cultivos autóctonos da nosa vila. No mes de xaneiro plantaron cabazas e allos, coa idea de trasplantalos á nosa horta na primaveira. A idea era relacionar os cultivos co clima, atendendo ás características propias de cada un deles no tocante a humidade, dispoñibilidade de auga e temperatura. As nosas eleccións baseáronse nuha enquisa que pasaron os nenos e nenas de 6º de primaria ás súas familias e atendendo ao coñecemento que do noso clima teñen.























A idea era trasplantalos cando chegara a primavera, pero...xa sabedes o que pasa, esta primavera está a ser demasiado chuviosa e non podemos realizar esa tarefa. As plantas medraron moito e agardamos que veña o bo tempo para poder poñelas no lugar que lles temos reservado na nosa horta.
Rafa, o noso hortelán está a aconsellarnos tamén e a súa experiencia dícelle que este tempo non é o habitual, que estamos a sufrir as consecuencias do cambio climático e temos que tentar coidar o medio para minimizalas. Imos pensar que cousas podemos facer entre todos para conservar o medio.
Mirade que tamaño teñen xa os allos!


               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...