martes, 30 de octubre de 2018

Estación metereolóxica



Despois de varios días,por fin xa temos a caseta para a estación  metereolóxica .Fixeron de carpinteiros os alumno/as de 2º de ESO, aplicando os coñecementos aprendidos no tema sobre a madeira,da clase de Tecnoloxía. Creo que lles quedou bastante ben,agora os alumno/as de 4º de ESO,e os que así o desexen,poderán tomar as medicións dunha forma mais cómoda.



O refraneiro das estacións



 

Os alumno/as de 5 anos,practican a lectura e o debuxo con actividades moi estacionais.

miércoles, 24 de octubre de 2018

Que podemos facer para frear o cambio climático?


Os nenos e nenas de 5º EP están estudando o clima e os factores que inciden nel e amósanse preocupados polo cambio climático que se está a producir. Aproveitando esa actitude e interés fixeron uns traballos nos que investigaron sobre que é o cambio climático, cales son as súas causas, como nos afecta, tanto a nós como ao resto de seres vivos, ou que podemos facer para frear as súas consecuencias...
O resultado foi espectacular, Noraboa!!!!!
















martes, 9 de octubre de 2018

Preparados!!!!!!

Empeza un novo curso e os nosos pequenos, grandes meteorólogos xa están preparados para tomar datos. O primeiro é familiarizarse cos aparellos e instrumentos que se van a empregar. Ánimo!!!




               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...