martes, 11 de junio de 2019

RECOLLIDA DE NOTICIAS DO XORNAL

Durante o curso estivemos traballando co xornal na aula e descubrimos unha sección moi interesante sobre o tempo. Así, os nenos e nenas realizaron unha recollida con diferentes noticias sobre as que reflexionaron. Dentro deste grupo de noticias é necesario destacar algunas delas polo traballo que realizaron. En primer lugar e aproveitando que estabamos a traballar a Idade Moderna e o descubrimento de América, os rapaces descubriron que ruta seguiu Colón e sobre todo como fixo a súa viaxe de volta, comprendendo mellor que é un anticiclón e como son os ventos ao seu arredor.




Doutra bando estiveron a traballar cunha noticia relacionada co cambio climático e a utilización de combustibles fósiles, na que se mencionaba que fai    anos xa se coñecían os efectos contaminantes, malia que non se fixo nada para minorizalos. A partir desta noticia xurdiron un montón de preguntas e inquedanzas que derivaron nun debate. 

Mesmo tamén descubriron que a capa de Ozono está de novo ameazada e que non todos os países están a cumplir o pactado, incrementando a contaminación e destruindo este escudo natural que nos protexe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

               Os dous cursos de cuarto do noso colexio, primaria e ESO, foron os encargados de recoller os datos da estación metereolóx...